Satélites. Proxecto Humsat

CIMA a través da súa colaboración na Agrupación Aeroespacial da UVIGO participou nos satélites do tipo “ Cubesat”: XATCOBEO, HUMSAT e SERPENS con moi bos resultados.

O proxecto Humsat consiste nunha constelación de satélites, sensores e estacións de terra, a través do que se contará cunha rede mundial de sensores de baixo custo para monitorizar parámetros que permitirán estudar o cambio climático en zonas sen infraestruturas de telecomunicación ou eléctricas, así como transmisións de información urxente en situacións de emerxencia.

Os satélites da constelación encargaranse de recoller a información que vaian recompilando os sensores, uns datos que logo se trasladarán a Internet ao dispor do usuario final.

Proxecto
Outros datos de interese

Investigador principal:

José Antonio Vilán Vilán

Programa/empresa:

Nacional

Referencia:

ACI2010-1119

Acrónimo:

Data de inicio:

Septembro 2010

Data de fin:

Septembro 2011
Menú