Unha das maiores ameazas e desastres ambientais que se producen anualmente son os incendios forestais, que esixen novas solucións para diminuír o seu efecto. FIRE-RS (acrónimo de wildFIRE Remote Sensing) ten como obxectivo proporcionar ás axencias de emerxencia ou centros de coordinación unha ferramenta innovadora para a detección temperá e a xestión do incendio mediante novas tecnoloxías que melloran o estado da arte. A nova plataforma creada en FIRE-RS ofrecerá información case en tempo real, perímetro do lume, GPS, imaxes infravermello (IR) e en espectro visual, análise do perigo e a situación; información representadas en mapas amosando a situación do incendio en diversas escalas e detalle (tempo real, histórica, o mapeado de incendios, a predición da propagación do incendio, etc.), protocolos de actuación, etc. Para lograr este obxectivo crearase e poñerase a proba un novo sistema que busca a través da sinerxia de novas tecnoloxías lograr unha forma eficaz de xestión dos incendios forestais mediante a implementación dunha plataforma que integra diversos elementos innovadores nun conxunto. Componse de varios activos con alta capacidade de interoperabilidade, incluíndo sensores de terra, un picosatélite dedicado (unha constelación no futuro), unha estación de terra local e remota, centro de control da misión e UAV (adicionalmente, o sistema estará aberto a solucións externas).
Wildfire Picosatellite Constellation & UAVs Remote Sensing: Active fire mapping and management
Investigador principal:
Pablo Yáñez
Programa/empresa:
Interreg
Referencia:
Acrónimo:
FIRE-RS
Data de inicio:
Xullo 2016
Data de fin:
Xuño 2019