Actividades

Curso 2021/2022
Curso 2022/2023
Curso 2021/2022

En abril de 2022 créase o GID (División de Innovación Docente). Ao longo deste ano fíxose unha análise da estado da arte na temática VR.

Hardware:

  • Analízanse as prestacións das lentes VR HTC Vive.
  • Analízanse as prestacións das lentes META Quest 2.
  • Analízanse as prestacións das lentes lowcost para Smartphone.

Software:

  • Analízase a plataforma Steam.
  • Analízanse diversas contornas de programación VR (Unity, Unreal, Amazon Lumberyard, Construct 3, WebXR e Blender, entre outros).

Decídese apostar polo uso de lentes META Quest 2 e unha contorna WebXR. As vantaxes desta decisión son:

As lentes META Quest 2 son máis económicas, autónomas (sen cableado), teñen boa frecuencia de refresco, independizan ao equipo do uso de Steam e permiten acceder a contornas WebXR.

O uso de WebXR permite acceder ao VR a través de exploradores web. Isto fai que poidan ter acceso ao contido docente tanto o alumnado con acceso a lentes VR (do tipo que sexan) como o alumnado sen el, que verá o contido como simulacións 3D estándar.

Adquírese pericia na programación WebXR, sen chegar a contidos empregables durante a docencia no curso 2021/2022.

Iníciase un proxecto de simulación VR de brazos robóticos para o seu posible uso en materias relacionadas coa automatización industrial.

Iníciase un proxecto de simulación VR dos sistemas de transmisión, dirección e suspensión dun automóbil turismo para o seu posible uso na materia de Automóbiles. Chégase a un acordo de colaboración co departamento de formación do grupo Stellantis-Vigo para o seu uso.

Créase e dota de contido o presente espazo web.

Iníciase a difusión por diversos medios entre o profesorado de UVigo nosa capacidade de deseño de contornas VR para a docencia. Considérase estratéxico que o noso grupo de innovación docente poida colaborar con outros ámbitos formativos da Universidade na elaboración de contidos VR para a docencia nas súas especialidades (belas artes, xeografía e historia, etc.)

Dada a magnitude do trabajo realizado e a do que queda por realizar, no presente curso o alumnado non puido aproveitar de forma efectiva os avances logrados. Estase traballando en conseguir un número mínimo de Gafas VR de calidade mínima para poder empregar o trabajo desenvolvido de forma efectiva nas aulas. O alumnado pode acceder aos contenidos VR dende casa vía web, se ben a día de hoxe poucos son os que dispoñen de sistemas VR en casa.

Para o próximo curso está planificado dispór dun primeiro entorno web VR con algúns dos sistemas vehiculares.

A continuación amósanse varios modelos VR desenvolvidos como exemplos/primeiros pasos parte do proceso de deseño e desenvolvemento da plataforma VR na que estamos involucrados. Pulsar en calquera imaxe para acceder ao 3D/VR.

Quen dispoña de gafas VR pode velos mediante unha experiencia inmersiva pulsando o botón “VR”. Quen non, pode simplemente manipular no entorno 3D.

Quen o desexe pode pórse en contacto con nós para explorar vías de colaboración a través de cimacademic@uvigo.gal

Menú